Novo número da revista O Barbanza

luns, 8 de xullo do 2019 Redacción

Sae o número 2 de O Barbanza, revista mensual do Grupo Código Cero Comunicación que se distribúe de balde nos concellos de Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo. Trala magnífica acollida do primeiro número neste faise reconto dos moitos e interesantes acontecementos ligados aos anteriores comicios locais. As augas xa discorren tranquilas e, basicamente, era hora de facer reconto falando cos novos alcaldes que contan as súas inquedanzas e plans de futuro, tanto os inmediatos coma os concibidos para medio e longo prazo.
Constátase que o miolo das preocupacións e os desafíos repítese en todos os concellos, xa que malia as súas características propias, a xente de Ribeira, Pobra, Boiro e Rianxo forman parte do mesmo barco.
Neste novo número faise unha viaxe polas festas da comarca do Barbanza e polas praias das súas costas. Abórdanse tamén proxectos e aspectos culturais e de patrimonio, completándose a revista con novas, ao igual que que acontece coa páxina web desta publicación, na que recóllense novas diariamente.

PUBLICIDADE