Novo número da nosa edición impresa

venres, 7 de maio do 2021 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración do Día das Letras Galegas a través da Rede e ao Día das Rapazas nas TIC. Tamén abordamos os seguintes temas:
– O presidente do CPEIG móstranos os detalles da nova ciberseguridade europea
– O CiTIUS segue a revolucionar o mundo como o coñecemos con Intelixencia Artificial
– O observatorio OSIMGA confirmou o bo estado de saúde do noso Hipersector TIC
– Increméntanse na nosa terra os servizos autonómicos da Administración Electrónica
– O CITIC e a UDC impulsan un programa para impulsar novas vocacións tecnolóxicas
– As operadoras seguen a encher as nosas comarcas de cobertura de banda larga
– Política Lingüística porá o foco nas redes sociais e en Internet nas súas vindeiras actividades
– GAIN aposta forte por xerar e reter talento investigador galego
– As empresas e institucións achegan en plena primavera un novo menú de innovación
– Os concellos galegos revolucionan o ámbito das aplicacións cidadás
– A Cidade da Cultura acolle en maio a quinta edición do Hackathon Big Data & Analytics

PUBLICIDADE