Novo número da nosa edición impresa

martes, 19 de maio do 2020 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración máis dixitais do Día das Letras Galegas e tamén repasamos iniciativas como CIBER.gal ou o Día das Rapazas nas TIC 2020. Tamén abordamos os seguintes temas:
– O CITIC participa no proxecto que avalía a presenza de COVID nas augas residuais
– A Deputación de Lugo impulsa o servizo da Axencia de Colocación en tempos de COVID-19
– Política Lingüística achéganos este mes de maio un menú de contidos galegos online
– As entidades da nosa terra xuntan forzas nas redes para conmemorar as Letras galegas
– A nosa terra dá un novo paso para espallar a cobertura móbil nas zonas illadas dos concellos
– O CPEIG convida a aproveitar o potencial das TIC para superar o desafío pandémico e climático
– Henrique Neira móstranos 200 grandes fitos galegos da informática e as comunicacións
– Deputación da Coruña fortalece co seu novo PEL as axudas á dixitalización
– Achegamos recursos sanitarios de utilidade para a volta á normalidade das empresas
– O COETG celebra con nós os cen anos de historia da Enxeñaría de Telecomunicación
– Entrevistamos a Suso Baleato

PUBLICIDADE