Novo número da nosa edición impresa

venres, 10 de xaneiro do 2020 Redacción

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega facemos un repaso do sector TIC en 2019, constatando o bo momento que estamos a vivir neste ámbito. Tamén abordamos os seguintes temas:
– A USC presenta nova web e lanza unha aplicación móbil
– A Deputación da Coruña entregou os galardóns ás mellores iniciativas empresariais
– O CPEIG recibe unha distinción da Axencia Española de Protección de Datos
– A Deputación de Lugo retoma as exitosas e concorridas visitas ao SdeA (antiga Fundación TIC)
– Henrique Neira achéganos á aparición dos autómatas, os primeiros robots
– O CITIC da UDC presentou os resultados finais dos proxectos colaborativos 2018-2019
– Chega a gran plataforma que recolle e reivindica a nosa riqueza toponímica
– O Centro Ramón Piñeiro amplía cunha nova versión os termos e utilidades do CORGA
– Entrevistamos á Dhaunae de Vir, responsábel de transmedia en Paradox Interactive
– As mulleres investigadoras e tecnólogas pechan fileiras contra o machismo online
– Comezan os trámites para aprobar o decreto que regulará o Marco de competencias dixitais
– A Xunta achegou 14 novas lonxas a plataforma tecnolóxica única de Primare
– Comezou na Coruña, da man Roger Casas-Alatriste, a nova edición do #LAIC

PUBLICIDADE