Novo número da nosa edición impresa

martes, 25 de xuño do 2019 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á XI Noite da Enxeñaría en Informática. Tamén abordamos os seguintes temas:
– A nosa terra faise forte perante a chegada real da tecnoloxía 5G e as súas vantaxes
– Galicia impulsa un proxecto que leva a Realidade Aumentada aos itinerarios xacobeos
– O CITIC mostra nunha xornada metodoloxías para facilitar o retorno de investigadores
– AMTEGA impulsa o despregue óptimo de fibra óptica dos cascos antigos de Galicia
– A Historia Social Única Electrónica chegará aos móbiles en 2020
– Entrevistamos a Nieves Brisaboa, investigadora da UDC e Premio Nacional de Informática
– A Deputación de Lugo dá un empurrón a eAdministración nos concellos da provincia
– Televés asume o futuro con referenciais proxectos europeos ligados a Internet das Cousas
– Achegamos unha nova ración de innovación galega con múltiples ingredientes nosos
– Henrique Neira trasládanos á época de Isabel II e dos primeiros autómatas galegos
– Presentamos unha nova edición da gran gala anual das nosas informáticas e informáticos
– O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia desvela os seus premiados
– Entrevistamos a Fernando Suárez, presidente do CPEIG, con motivo da XI Noite da Informática

PUBLICIDADE