Novo navegador GPS axeitado para motocicletas
mércores, 3 de setembro do 2008
O fabricante de
dispositivos GPS Becker levou á
feira IFA o seu navegador Traffic
Assist 100, tamén coñecido coma Crocodile
(ou crocodilo) pola súa aparencia
externa, que dota ao dispositivo de resistencia á auga e aos golpes (o que o farÃa axeitado para o seu uso en motocicletas), grazas a
un acabado que lembra á pel dun réptil.
Este novo navegador GPS vén a ser unha versión reforzada do Traffic Assist Z
201, de xeito que incorpora as súas prestacións coma os avisos visuais ou
acústicos dos lÃmites de velocidade, pantalla táctil de 4,3 polgadas, modelos
tridimensionais de edificios para facilitar a orientación nas cidades, unha
memoria Flash de 2 Gb que inclúe os mapas de 42 paÃses europeos precargados (con
máis de 1.000 imaxes 3D fotorrealistas de Europa) e soporte de 28 idiomas.
O Crocodile de Becker sairá á venda
en outubro a 300 euros.