Novo modem 3G de Sony Ericsson

mércores, 18 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Sony Ericsson presentou un novo modem 3G que se conecta ao ordenador por USB, mide 70 x 28 x 125 milímetros e só pesa 28 gramos. E aparte de permitir conectase á Internet ata a 7,2 Mbps, tamén funciona coma lector de tarxetas microSD e M2 (habituais en moitos modelos de móbil).
O módem MD400 sería a versión básica, existindo tamén o modelo MD400g que destaca por integrar un receptor de GPS, funcionalidade cunha demanda aínda por determinar, pero que resulta moi orixinal.
Ambos modelos son compatibles con Windows e Mac OS X e se venderán no último trimestre do ano.

PUBLICIDADE