Novo móbil resistente á auga de NEC

luns, 18 de abril do 2011 Marcus Fernández

Un folleto publicado no Xapón amosa un atractivo móbil de NEC, o MEDIAS WP (N-06C) que funciona con Android 2.3 e ten unha serie de características habituais en terminais deste tipo (procesador a 1 GHz, 512 Mb de RAM, 1 Gb de ROM, pantalla de 4 polgadas cunha resolución de 480 x 854 píxeles, Wi-Fi N e cámara de 5 Mpíxeles capaz de gravar vídeo a 720p), pero que sorprende polo feito de ser moi delgado (7,9 milímetros) e con resistencia á augua (baixo os estándares IPX5 e IPX7).
Este interesante móbil pesaría uns 115 gramos e, aínda que non se coñeza aínda a súa data de lanzamento e o seu prezo, resulta curioso ver que algúns fabricantes preocúpanse por comercializar dispositivos resistentes á auga fóra das súas liñas de dispositivos reforzados.

PUBLICIDADE