Novo móbil reforzado de Sonim

mércores, 26 de novembro do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 109.4 KB

Os usuarios que se moven en contornos industriais ou navais agradecerán o lanzamento do novo móbil Sonim XP3 Enduro, que é unha evolución do XP1 (comercializado en España por Movistar) que pasa de ser resistente á auga a ser capaz de operar somerxido na auga a 1 metro de profundidade, ou sexa, que mellora a súa resistencia a agresións externas (que non sería só auga, senón tamén temperaturas extremas (de 60 graos centígrados ata 20 graos baixo cero).
O Sonim XP3 Enduro é unha auténtico móbil todoterreo, con teclas moi resistentes, altofalantes para o seu uso en ambientes ruidosos, resistente a choques (toleraría ata unha caída sobre cemento dende 2 metros de altura) e cunha considerable autonomía (5,5 horas en conversa e 220 horas en espera).
O terminal é tribanda, con conectividade GSM/GPRS, con Bluetooth 1.2, miniUSB, conector de 2,5 milímetros, unhas medidas de 118,8 x 56,3 x 24,6 milímetros e un peso de 140 gramos. Tamén integra unha lanterna. O seu prezo de venda libre a través da Internet é de 499 euros.


Demostración do funcionamento do Sonim XP3 Enduro baixo a auga

PUBLICIDADE