Novo mando para simuladores de voo

martes, 13 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

JPEG - 56.1 KB

Os joysticks eran o dispositivo de control por excelencia en boa medida por herdanza das primeiras consolas de videoxogos e das máquinas recreativas, pero nos últimos anos perderon posicións no mercado en favor dos gamepads que combinan controis analóxicos e dixitais, o que os fan máis versátiles, pero os amantes de simuladores de voo continúan a demandar as vellas pancas de xogo, de aí que Mad Catz Interactive anuncie o lanzamento do seu Saitek Aviator Flight Stick, que teñen versión para Xbox 360 e para PS3 (ambas compatibles co PC).
Este novo mando está optimizado para unha boa experiencia de simulación de voo, cunha base plana que incrementa a súa estabilidade, 3 botóns de disparo, un gatillo e un pequeno stick analóxico para manexar o ángulo de visión.
O control de aceleración deste mando se pode situar a ambos lados (para resultar cómodo tanto para destros como para zurdos), pode conmutar entre 2 modos de configuración (para adaptarse aos distintos xogos) e inclúe opcións propias da consola de videoxogos á que vai dirixido este mando: o de Xbox 360 ten conector para os auriculares propios da consola, así coma o botón para activar a guía da Xbox, e o de PS3 tamén integra un botón para acceder la PlayStation 3 Cross Media Bar.
O prezo de venda destes mandos é de 49,99 dólares ou 49,99 libras esterlinas nas súas versións de PS3 e Xbox 360.

PUBLICIDADE