Novo kit de mans libres para a PS3

mércores, 3 de setembro do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 46.5 KB

Sony anunciou un novo kit de mans libres para a PlayStation 3, que se venderá conxuntamente co xogo SOCOM Confrontation (que custará 8.000 ien) e solto a partir do 30 de outubro no Xapón por 5.000 iens (uns 30 euros). O kit de auriculares sen fíos funciona con tecnoloxía Bluetooth e integra micrófono. A súa autonomía será dunhas 8 horas en uso e 300 horas en espera e o seu peso de só 19,5 gramos.
Este tipo de accesorios danlle moita vida aos xogos en rede, o novo auricular incorpora tecnoloxía de cancelación de ruído para permitir unha comunicación limpa.
Queda por saber os plans de lanzamento deste accesorio no mercado europeo, no que se agarda que o xogo SOCOM Confrontation chegue en outubro (podendo coincidir ambos produtos na súa estrea).

PUBLICIDADE