Novo fallo nas alarmas do iPhone

luns, 3 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

Hai un par de meses as alarmas programadas no iPhone fallaban tras o cambio de hora, e agora a historia repítese, aínda que dun xeito diferente, pasando a activarse cando non deben as alarmas programadas que non se repiten, o que é todo un pesadelo para os usuarios do móbil de Apple, que non saben se poden fiarse do seu terminal coma espertador, o que debería deixar de acontecer a partir do 3 de xaneiro.
Resulta bastante triste que este fallo na alarma do iPhone continúe sen arranxar pese a estar claramente identificado, de xeito que o mellor consello a quen queira estar libre deste tipo de problemas no futuro (ante a indignante indiferenza de Apple) pode recomendárselle algunha das aplicacións de alarma que poden descargarse de balde da App Store e que non presentan o fallo detectado.

PUBLICIDADE