Novo disco duro multimedia gravador de alta definición
luns, 23 de febreiro do 2009
Os discos duros
multimedia están en pleno apoxeo, con diversidade de modelos no mercado adaptados
para diferentes perfÃs de usuario, e pensando nos modernos televisores de alta
definición chegan ao mercado os modelos SPC
Internet 0965, 0967
e 0961
con capacidades de 500 Gb, 750 Gb e 1 Tb respectivamente e contan con saÃda
HDMI que permite amosar os seus contidos a unha resolución de ata 1.080i por un
prezo
que oscila entre os 170 e os 230 euros.
Esta familia de discos duros multimedia non só pode presentar imaxes (JPEG e
BMP), reproducir vÃdeos (MPEG-1/2/4, Xvid, DivX, VCD, DVD, SVCD e ISO) e música
(MP3, MP2, WMA, WAV, OGG, AC3 e ASF) senón que tamén conta coa opción de
gravación dunha fonte externa (mediante conectores RCA) o que permitirÃa gardar
no disco programas de televisión incluso a unha resolución de 1.080i.