Nova cámara de Sony con zoom de 20x e gravación de vídeo a 1.080p

martes, 3 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Dende hoxe ata o xoves celébrase en Las Vegas a feira PMA 09 dedicada á fotografía, evento que aproveitaron para presentar a cámara Sony CyberShot DSC-HX1 que conta cun sensor Exmor CMOS de 9 Mpíxeles que destacar por contar cun zoom óptico de 20x, angular de 28 mm, lente cunha luminosidade de f2.8-5.2 e, especialmente a posiblidade de gravar vídeo cunha resolución 1.440 x 1.080 píxeles a 30 fotogramas por segundo, que logo poderemos ver nun televisor de alta definición grazas á saída HDMI incorporada.
Tamén conta cunha pantalla de 3 polgadas e 230.000 píxeles de resolución, permite tomar ata 10 fotografías por segundo co resolución máxima e tamén conta coa posibilidade de xerar imaxes panorámicas horizontais de 224 graos e verticais de 154 graos.
Sairá á venda en abril a uns 500 dólares, aceptándose dende marzo a súa reserva.

A HX1 permite tomar espectaculares imaxes panorámicas

PUBLICIDADE