Novo UMPC de Amtek

martes, 18 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Pese a que os ordenadores ultraportátiles non conseguiron introducirse con forza no mercado en 2007 iso non evita que os fabricantes preparen novos modelos coma o iTablet T221 de Amtek, que inclúe unha pantalla táctil de 12,1 polgadas cunha resolución de 1.024 x 768 píxeles, un procesador Intel Core Duo a 1,2 GHz, ata 2 memorias DDR de 1 Gb, disco duro SATA Ultra DMA de 60 Gb a 5.400 rpm, conectividade Gigabit Ethernet e Wi-Fi, tarxeta gráfica co chipset GMA 950, cámara de 1,3 Mpíxeles e lector de pegadas dixitais.O equipo tamén conta con entrada de micrófono, saída de auriculares, 2 portos USB 2.0, fenda para tarxetas Cardbus e saída de monitor D-Sub 15.
Para ver o auténtico potencial deste equipo o mellor é ver un vídeo demostrativo:

PUBLICIDADE