Novo GPS de Blusens con cartografía 2D

xoves, 9 de outubro do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 197.7 KB

Pese a que aínda non se coñece a data de lanzamento nin o prezo, varios blogs tecnolóxicos se lanzaron a analizar o novo navegador GPS de Blusens, o N10, que conta cunha pantalla panorámica táctil de 3,5 polgadas cunha resolución de 320 x 240 píxeles, cartografía bidimensional de TeleAtlas (con España, Portugal e Andorra) que tamén conta con capacidade para a reprodución de audio (MP3, WAV e MID) e vídeo (AVI, MP4, ASF e WMV) e visualización de imaxes (BMP, JPG, PNG e GIF) e textos.
O Blusens N10 funciona cun procesador a 266 MHz, emprega o sistema operativo Windows CE e integra 1 Gb de memoria Flash. Tamén conta con conexión para antena externa, porto USB 2.0, lector de tarxetas de memoria SD/MMC, altofalantes de 1,5 vatios e toma para auriculares. Mide 92 x 82 x 21 milímetros e pesa 151 gramos.

PUBLICIDADE