Novo Acer AspireRevo con Windows 7
luns, 19 de outubro do 2009
Os nettops,
equipos semellantes aos ultraportátiles de baixo custo, pero orientados ao
escritorio, queren manterse no mercado, polo que actualizan as súas
prestacións, e Acer xa presente o seu novo
AspireRevo R3610-U9012, que conserva a súa aparencia compacta (que
permite incluso a súa incrustación na parte traseira dunha pantalla TFT ou dun televisor)
e que agora vén de serie cun procesador Intel Atom N330 de dobre núcleo a 1,6
GHz, con tarxeta gráfica nVIDIA ION, 2 Gb de RAM, 160 Gb de disco duro, 6
portos USB, saÃdas HDMI e VGA, porto eSATA, lector de tarxetas de memoria,
Wi-Fi, Gigabit Ethernet e o sistema operativo Windows 7 Home Premium. Todo isto
logra manter o seu prezo en 329,99 dólares (220,12 euros), polo que resulta
bastante atractivo para os que non precisen dun equipo de altas prestacións e
queren reducir ao máximo o espazo ocupado polo ordenador no seu escritorio ou
no salón do seu domicilio.