Artigos desta sección
As galegas Hacce e Elogia Media colaboran nun estudo sobre as vantaxes da Web 2.0
A Asociación Nacional de Empresas de Internet (ANEI) vén de publicar un estudo en liña que bota luz sobre os segredos da chamada Internet participativa e social, a que –con maior ou menor acerto e desinterese- convoca ó usuario de a pé para que colabore, comparta, opine e mesmo tire partido dalgún que outro beneficio. Pois ben, esta orde que vivimos da (...)
Ler máisA AEPD publica unha guía con recomendacións para a protección dos cativos na Internet
A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) co gallo do Día de Internet, publica a Guía de Recomendaciones para navegar de manera segura (descargable en formato PDF), coa que se pretende instruír aos cativos sobre as prácticas para unha navegación segura a través da web. O texto recolle distintos consellos para nenos, como non dar datos persoais a (...)
Ler máisTorrent2exe fai moi doada a descarga de ficheiros da rede BitTorrent
Moitos usuarios teñen problemas á hora de empregar aplicacións P2P, e para superar tal atranco nace a web Torrent2exe, que permite converter os ficheiros .torrent en arquivos executables que conteñen a aplicación cliente da rede BitTorrent, de xeito que auto-xestiona a carga dos contidos aos que apunta. Deste xeito, podemos coller un ficheiro .torrent da (...)
Ler máisSamsung podería integrar nos seus dispositivos o mini-proxector desenvolvido por 3M
O proxector en miniatura de 3M continúa a avanzar para converterse nun produto comercial antes de rematar o ano, descoñecéndose se nalgún momento se venderá coma un produto independente e agardándose que algúns equipos coma ordenadores portátiles e móbiles aposten por este accesorio que nun principio custaría entre os 200 e os 400 dólares, pero que podería acadar (...)
Ler máisSae a versión 4.1 do Opera Mini
O versión do navegador de Opera para móbiles, o Opera Mini, chegou xa á súa versión 4.1 despois de poucas semanas en probas, confirmándose coma unha das mellores solucións de navegación móbil para os terminais de telefonía móbil que non conten con navegadores avanzados. Entre as grandes novidades está o uso de compresión na descarga das páxinas web (o que podería (...)
Ler máisCharla sobre a situación do galego na Rede en Ordes
Co gallo do Día das Letras Galegas e o Día da Internet, a Rede de Dinamización organiza unha charla no Centro Comarcal de Ordes sobre a situación do galego na Rede, que terá lugar entre as 17:00 e as 19:00 horas deste xoves, contando coa presenza de Camilo Regueiro, vicepresidente da Asociación PuntoGal, que achegará a súa visión sobre a situación da lingua (...)
Ler máisTraballo presenta unha ferramenta dixital que mellora a calidade das solicitudes de axudas
A Consellería de Traballo vén de presentar unha ferramenta en liña para poñerlles aos cidadáns as cousas máis doadas en materia de relación e comunicación con eles. Concretamente, trátase dunha iniciativa encamiñada a favorecer a cumprimentación de solicitudes para acceder ás liñas de subvencións dos programas da Consellería. A aplicación, que se encadra dentro da (...)
Ler máisInnovación e as universidades galegas crearán oficinas de software libre nos campus
Cómpre máis software libre no eido universitario galego e, polo tanto, máis marxe de manobra para o fomento da innovación. Este ben podería ser o piar sobre a que se asentan os acordos asinados hoxe entre a Consellería de Innovación e as tres universidades galegas e que van dirixidos a fomentar a presenza do código aberto en todos os niveis da vida académica: (...)
Ler máisNace unha rede de blogueiros en defensa da lingua galega
Os responsables dos blogues Contradiscurso 3.0, Selva de Esmelle, Sempre en Galiza, O caderno do Silvio, Galiza Subversiva e O do Alberte xuntáronse para subscribir un manifesto na defensa do noso idioma, no que se destaca o seu compromiso completo e activo coa lingua galega coma principal alicerce da nosa identidade conectiva, se avoga polo uso do (...)
Ler máisO Campus de Ourense acolle hoxe unha xornada para conmemorar a Rede 2.0 e as Letras galegas
Hoxe, o salón de actos da Escola Superior de Enxeñería Informática do Campus de Ourense acolle ó longo de todo o día unha xornada encamiñada a celebrar dous acontecementos: por unha banda a rede participativa e, pola outra, a concorrencia nela das nosas Letras. Os encontros 2.0 A nova Ágora Galega desenvólvense a partir das 9.15 e contarán coa participación de (...)
Ler máis0 | ... | 38770 | 38780 | 38790 | 38800 | 38810 | 38820 | 38830 | 38840 | 38850 | ... | 42320