Artigos desta sección
ASOLIF oferta varios cursos de formación en Android
Nos últimos anos, o sistema operativo Android, usado en dispositivos móbiles como teléfonos intelixentes e tabletas (principalmente), experimentou un notable incremento nas súas vendas, e de feito, os dispositivos con este SO supoñen xa “máis do 52% do mercado mundial dos smartphones”. Dende o Centro de Referencia de Formación de ASOLIF, sabedores da (...)
Ler máisPreparan o lanzamento dun novo medio de comunicación dixital en galego
A desaparición de publicacións en galego nos quioscos parece que vai camiño de compensarse na Rede, e así como o vindeiro 1 de febreiro veremos o nacemento de Praza Pública, agora sabemos de que un novo medio de comunicación dixital en galego coñecido coma Dioivo está a ultimar o seu lanzamento. Dioivo funcionará baixo a forma dunha asociación cultural (...)
Ler máisA edición 2012 do Salón MiEmpresa fará especial fincapé no potencial TIC estatal
Para quen estea estes días, ou os vindeiros, proxectando unha viaxe ao capital do Estado para dar conta de posíbeis novidades en innovación tecnolóxica, dicirlle que en breve terá unha ocasión probablemente axeitada para facelo. Falamos do Salón MiEmpresa, a desenvolver os días 14 e 15 de febreiro no Palacio de Congresos de Madrid e con vocación este ano de (...)
Ler máisAs implicacións do peche de Megaupload e as posíbeis alternativas, a exame na Rede
O futuro da práctica de compartir arquivos a través da Rede periga máis que nunca tras o peche forzoso de Megaupload e voluntario de outras ferramentas de semellante índole, temerosas do que lles pode vir enriba. Estes feitos, de xeito inevitábel, abren unha serie de incógnitas sobre a viabilidade do libre fluxo de ficheiros, para moitas persoas o único xeito (...)
Ler máisO Proxecto ABALAR mellora a súa accesibilidade
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a disposición dos centro ABALAR unha versión accesible pensada para atender á diversidade funcional do alumnado. Así, e dentro do proxecto ABALAR, a Consellería de Educación, en colaboración coa ONCE e a asociación TADEGa, pon a disposición dos centros educativos unha solución accesible para o (...)
Ler máisA sucesora da Xbox 360 podería multiplicar por 6 a súa potencia
As consolas de videoxogos domésticas están estancadas na actual xeración no que parece responder á conxuntura económica máis que a motivos técnicos, de aí que aínda non se anunciaran as sucesoras da PlayStation 3 e da Xbox 360, pero esta última podería ser a primeira consola de alta definición en ter relevo, que está a coñecerse de xeito informal como Xbox 720, e (...)
Ler máisOrange permitirá consultar a Wikipedia de balde dende África e Oriente Próximo
O operador móbil Orange e a Wikimedia Foundation veñen de pechar un acordo de colaboración a través do cal os clientes da compañía de telecomunicacións poderán acceder de balde dende o seu móbil á Wikipedia dende África e Oriente Próximo, facilitando así o acceso ao coñecemento a uns 70 millóns de usuarios de Orange nas rexións cubertas por esta (...)
Ler máisDatos.gob.es, recoñecido como o portal europeo de datos máis amigábel
Finalmente hai presenza española entre as entidades recoñecidas por LAPSI (Legal Aspects of Public Sector Information) a raíz das mellores prácticas postas en marcha no eido da Administración Electrónica e o tratamento dos datos dende as institucións do sector público. Estamos a falar de Datos.gob.es, unha achega en liña para fomentar a busca e subministro de (...)
Ler máisA nova edición do FIC OnLan celébrase do 17 ao 21 de febreiro
Quen ande contando os días, e as horas, para un novo encontro informático para a mocidade, galego e próximo (en distancias e obxectivos), está de sorte. Segundo nos contan os responsábeis de FIC OnLan, o vindeiro mes de febreiro, coincidindo coa festa do Antroido, celebrarase a terceira edición da party coruñesa. Máis polo miúdo, será do venres 17 ao martes 21, (...)
Ler máisFacebook asegura que contribuíu a crear 230.000 empregos na Unión Europa
Semella que A rede social, o filme de David Fincher no que non se deixaba moi ben parado ao creador do Facebook, nin tampouco ao seu produto, non puído botar abaixo as aspiracións da devandita rede social. O caso é que a comunidade de internautas soubo coller de Facebook o seu lado máis vantaxoso, cousa que sen dúbida os responsábeis da ferramenta agradecen. (...)
Ler máis0 | ... | 28840 | 28850 | 28860 | 28870 | 28880 | 28890 | 28900 | 28910 | 28920 | ... | 42150