Artigos desta sección
R emitirá pola súa canle dixital parte dos contidos do Festival Play-Doc
O Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc, que xa dende hai varias edicións rozaba a perfección ao contar con concertos, exposicións, obradoiros, premios, proxeccións, relatorios e diversión asegurada para tódolos visitantes, vén de acadar o seu máis alto nivel este ano, ao poder emitir os seus contidos por televisión. Esta posibilidade (...)
Ler máisO I Foro co teu Negocio de Movistar tivo un notable seguimento na Rede
Popularmente, para os xaponeses a palabra crise significa ao mesmo tempo “perigo” e “oportunidade”, razón que explica que sempre intenten buscar formas de acadar algún beneficio perante situacións de dificultade, converténdoos nun exemplo a seguir polo resto dos mortais que nos entra o pánico ao escoitar esta palabra. Pois ben, algo máis cerca de Xapón, aquí (...)
Ler máisA CEP e o Consorcio Zona Franca impulsarán a innovación e a nosa presenza nos mercados externos
O Consorcio da Zona Franca e a Confederación de Empresarios de Pontevedra celebraron os días pasados un novo achegamento de forzas dirixido a facilitar e ampliar o camiño das nosas iniciativas de mercado no exterior. Máis polo miúdo, e segundo fixeron saber o presidente da CEP (José Manuel Fernández Alvariño) e a delegada do Estado (Teresa Pedrosa) durante a (...)
Ler máisA película galega Engurras xa está dispoñible na Internet
A longametraxe galega Engurras baseada no cómic do mesmo nome de Paco Roca está disposta a rachar moldes, e esta arriscada aposta que opta pola animación 2D para ilustrar unha historia ambientada nunha residencia á que vén de chegar o protagonista, un enfermo de Alzheimer, que tece relacións con outros anciáns, intentando manter unha vida de seu. A dureza (...)
Ler máisTED estrea aplicación oficial para Android
As conferencias TED levan máis de 25 anos iluminando o mundo con ideas orixinais que buscan compartirse en pequenos relatorios de entre 3 e 18 minutos, dos que moitos será posible a súa cómoda visualización en moitos smartphones e tablets con Android grazas á nova aplicación de TED que vén de estrearse en Google Play e que permitirá o acceso a máis de 1.200 (...)
Ler máisAs últimas cámaras de Nikon poderán verse en primicia na Coruña
O vindeiro 22 de marzo en quendas de mañá (de 11:00 a 13:00 horas) e tarde (de 16:30 a 18:30 horas) terá lugar no Palacio de Exposicións e Congresos de A Coruña (PALEXCO) a presentación das novas cámaras DSLR de Nikon, a Nikon D4 e a Nikon D800, nun evento organizado por Foto Artús e que contará coa presenza de Javier Garcés, experto en produto profesional de (...)
Ler máisA Policía Local de Teo estrea tecnoloxía de vangarda para a xestión das sancións
Os veciños e veciñas do Concello coruñés de Teo, poden presumir estes días de contar cunha das Policías Locais máis tecnoloxicamente avanzadas da súa contorna, que lle permite aos axentes membros xestionar en tempo real as sancións de tráfico que impoñan, e eliminar o papel dos tradicionais boletíns, axilizando todo o proceso. E é que estas forzas da lei veñen (...)
Ler máisO xornalista Josep Mª Casasús amosa en Pontevedra as claves da supervivencia da prensa escrita e dixital
O Master en Investigación en Comunicación do campus pontevedrés acolle estes días un convidado de excepción: o profesor e catedrático Josep Mª Casasús, encargado de formar aos participantes da devandita actividade formativa nos camiños percorridos polo xornalismo escrito e nos retos, dificultades e posíbeis vantaxes que impón o dixital. Ao seu xuízo, a (...)
Ler máisMiraporelas: nova web para canalizar a defensa da radio e a televisión pública
A comunidade en liña pecha fileiras contra a hipotética privatización dos medios públicos galegos. Froito disto é a web Miraporelas.com, unha iniciativa en liña posta en marcha pola Plataforma en defensa da RTV pública galega, integrada por asociacións culturais, feministas, profesionais, deportistas, sindicais e políticas baixo unha arela común: a de facer (...)
Ler máisAlcatraz presenta novos servizos para o cumprimento das normativas sobre a protección de datos
Alcatraz Solucións, empresa galega especializada en cumprimento normativo e máis en protección do coñecemento, está a presentar estes días unha serie de novidades. E faino con nova imaxe corporativa, cun acabado de estrear Programa de Canle, con solucións e servizos para consolidar e incrementar a comunidade de partners, cunha plataforma para a xestión chamada (...)
Ler máis0 | ... | 28460 | 28470 | 28480 | 28490 | 28500 | 28510 | 28520 | 28530 | 28540 | ... | 42150