Novas fundas para GPS de Port Designs
mércores, 29 de abril do 2009
Port
Designs, o fabricante de solucións de transporte, protección e ergonomía
para ordenadores portátiles, vén de dar un salto importante no deseño de fundas
para outros dispositivos electrónicos, e agora, coa chegada inminente da ponte
do 1 de maio na que moitas familias aproveitarán para facer unha escapada en
coche e darlle uso aos seus GPS, inclúe no seu catálogo fundas para estes
modernos e prácticos dispositivos.
En concreto, a firma vén de sacar á luz
os modelos Lima, Oslo e Bilbao, unhas
fundas aptas para transportar dispositivos de entre 3,5” e 4,7” (dependendo do modelo),
que os protexen dos golpes e das inclemencias do tempo xa que, segundo afirman,
“son factores que poden danalos de xeito irreversible”.
As fundas da marca están fabricadas en
EVA (Ethyl Vinylo Acetato), un material moi lixeiro, semirríxido e de gran
resistencia que protexe os GPS dunha maneira óptima.
Todas elas incorporan unha cremalleira e
están dispoñibles en varias cores. Asemade, veñen cunha práctica correa
extraíble e o seu interior está recuberto “a
proba de rabuños”.
As novas fundas estarán dispoñibles a
partir do vindeiro mes de maio nas tendas Mediamarkt, Saturn e Urende, e todas
elas teñen unha garantía de 30 anos.