Novas axudas para a dixitalización do comercio e a artesanÃa
mércores, 7 de febreiro do 2018
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, participou
hoxe na praza de abastos de Santiago de Compostela nun encontro con
comerciantes no que lles informou sobre as axudas da Xunta para apoiar este
ano, con preto de 4,5 millóns de euros, a modernización e impulso do pequeno
comercio e dos obradoiros artesanais galegos.
A través de tres iniciativas, financiaranse proxectos de
expansión comercial e novas fórmulas de comercialización; dixitalización e
modernización de empresas comerciais e artesanais; e programas da
competitividade da artesanÃa galega.
O obxectivo destas convocatorias, que xa se publicaron no
Diario Oficial de Galicia (DOG) a pasada semana, é ofrecer, segundo destacou
Vázquez Abeal, un valor engadido ao comercio galego, vencellando o seu
crecemento, expansión e modernización ás novas canles de comercialización,
utilizando a innovación, o social
commerce, e a mellora da imaxe, como factores para facer máis competitivo o
tecido comercial de Galicia. Deste xeito, impúlsase entre o comercio e os
obradoiros artesáns galegos a súa presenza na rede, a incorporación de
ferramentas TIC de xestión e a mellora da loxÃstica coa implantación do packaging axeitado.
Por unha banda, a ConsellerÃa de EconomÃa, Emprego e
Industria apoia con máis de 3,1 millóns de euros a dixitalización e
modernización de empresas comerciais e, como novidade deste ano, tamén
artesanais para a implantación de solucións dixitais que permitan os
beneficiarios adaptarse ás novas fórmulas de comercialización e ás tendencias
do mercado, asà como proxectos de modernización integral dun local.
O investimento subvencionable, segundo o tipo de axuda
solicitada, poderá ir dos 1000 aos 5000 euros no caso de dixitalización e entre
os 15.000 e os 30.000 no caso de actuacións de modernización. A porcentaxe de
axuda será en todos os casos do 50%. A Xunta incrementa o orzamento destinado
para esta convocatoria en preto dun 59% con respecto ao ano pasado, cando se dedicaron
dous millóns de euros.
Doutro lado, en canto á liña dedicada á expansión comercial
e novas fórmulas de comercialización, conta cun orzamento dun millón de euros e
poderanse beneficiar PEME e, no caso do desenvolvemento dun proxecto efémero,
tamén comerciantes en liña e, como novidade, fabricantes. A directora xeral de
Comercio explicou que o que se pretende é impulsar a apertura de novos
establecementos comerciais por titulares doutro comercio cun mÃnimo de dous
anos de antigüidade, asà como proxectos efémeros por un prazo máximo de dous
meses nun concello distinto onde se veña exercendo a actividade. No primeiro
caso o investimento subvencionable máximo vai dos 3000 aos 60.000 euros e no
caso das iniciativas efémeras vai ata os 8.000 euros. En todos os casos cóbrese
o 50%.
Por último, apóiase con 255.000 euros o fomento da
comercialización da artesanÃa e o impulso da actividade do sector. As axudas,
dirixidas á promoción a través da participación en feiras e certames e a
organización de eventos feirais, están destinadas a obradoiros artesanais,
asociacións profesionais de empresarios e artesáns e concellos. As axudas
máximas serán de 8000, 30.000 e 15.000 euros respectivamente e a intensidade
pode chegar ao 80%. O orzamento aumenta en máis dun 18% con respecto ao ano
pasado.
Con estes tres programas, a Xunta, segundo salientou Vázquez
Abeal, agarda impulsar o comercio e a artesanÃa galegas coa finalidade de
potenciar un tecido comercial diverso, moderno, competitivo e de calidade;
adaptalo ás novas realidades co obxectivo de gañar en competividade e mellorar
a imaxe dos centros urbanos das cidades facéndoos máis atractivos. Estas liñas
permitiron, en 2017, apoiar preto de 375 proxectos con case dous millóns de
euros.
Estas axudas reforzaranse con outras accións dirixidas a
potenciar os espazos comerciais e o asociacionismo cun orzamento adicional de
catro millóns de euros e enmárcanse no Plan estratéxico de impulso ao comercio
de Galicia, que contempla 55 accións especÃficas ata 2020.