Nova webcam de altas prestacións para ordenadores de Apple
martes, 24 de xuño do 2008
Os usuarios de ordenadores
Mac que queiran gozar dunha webcam que vaia máis aló dos 0,3 MpÃxeles poden
agora optar polo novo accesorio creado por Logitech, a cámara QuickCam Vision
Pro que cunha óptica Carl Zeiss e tecnoloxÃa de enfoque automática permite unha
excelente calidade de imaxe para videoconferencias a través de iChat e Skype.
A webcam Logitech
QuickCam Vision Pro inclúe un sensor de 2 MpÃxeles ideal para tomar
imaxes en alta resolución, mentres que tamén é capaz de capturar vÃdeo en
calidade VGA a 30 fotogramas por segundo, superando sobradamente a outras
solucións de videochamada actuais.
A nova cámara para Mac tamén é capaz de gravar vÃdeo a unha resolución
considerada como alta definición (960 x 720 pÃxeles) e se venderá tanto en
EE.UU. coma en Europa dende comezos de xullo a un prezo estimado de 129,99
dólares.