Nova sintonizadora de televisión para a Nintendo DS

luns, 12 de novembro do 2007 Marcus Fernández

A Nintendo DS está a demostrar que é algo máis que unha consola de videoxogos portátil, de xeito que xa conta cunha versión do navegador Opera para poder explorar a web grazas á súa conectividade Wi-Fi e agora incorpora á súa gama de produtos o WanSeg TV Tuner DS, un sintonizador de televisión compatible tanto coa DS clásica como coa versión Lite que se vende en Play-Asia a 89,90 dólares (61,85 euros) e que amosa unha interface moi sinxela feita á medida da consola portátil de Nintendo.
O novo sintonizador venderase a partir do 23 de novembro e ata o momento nos podemos confirmar con ver unhas imaxes do seu funcionamento:

PUBLICIDADE