Nova revista de videoxogos nos quioscos españois
luns, 22 de setembro do 2008A primeiros de
agosto comentamos que Unidad
Editorial estaba a preparar unha nova revista de videoxogos, e
finalmente chegará aos quioscos esta semana, cunha atrevida aposta nun momento
de crise para as publicacións impresas, que pretende destacar cubrindo todas as
plataformas actuais e cun prezo moi competitivo, xa que pese a contará
con 180 páxinas só custará 1,9 euros.
Marca
Player sairá este mércores, co reto de procurar convencer por
igual a hardcore gamers como a
xogadores ocasionais, repartindo os seus contidos en 12 seccións diferenciadas
que van dende a información sobre a actualidade ata a guÃa de compras.
Os profesionais que se encargan deste novo proxecto teñen moita experiencia no
sector, participando en distintas publicacións do sector, das que a máis
destacada poderÃa ser a data de hoxe a Revista Oficial de Xbox,
contando tamén con colaboradores de peso coma Nacho Ortiz (xefe de redacción de
Meristation), David Guaita (produtor do programa de videoxogos Jugones) ou a xente de Akihabara
Blues.
No
primeiro número desta publicación abordarán xogos coma Gears of War 2 para Xbox 360, GTA Chinatown Wars para Nintendo DS, FIFA 09, PES 2009, Prince of Persia, Star Wars: El Poder de la Fuerza, Pocoyó, Rock Band, Play Chapas, Saints Row 2 e outros tÃtulos. Tamén entrevistarán a Hideo Kojima e tratarán
distintos temas de lecer (televisión, DVD, CD…).
Para saber un pouco máis deste proxecto tamén podemos ver unha reportaxe
que lle dedicaron no programa de televisión Insert
Coin, que se pode seguir actualmente en AXN e SETenVEO: