Nova pulseira de actividade de Withings
mércores, 14 de novembro do 2018
Agora que Withings xa non forma parte de Nokia continúa a
lanzar novos produtos, sendo a súa última novidade a pulseira de actividade Pulse HR,
que como ben indica o seu nome, inclúe monitor cardÃaco, de xeito que pode
manter un rexistro continuo do ritmo cardÃaco durante a actividade deportiva e
contando tamén con seguimento da calidade do sono. Os adestramentos deportivos
tamén poden integrar posicionamento GPS no seu rexistro e, como vén ser
habitual neste tipo de dispositivos, tamén recibe notificacións do smartphone,
converténdose nun dispositivos moi versátil.
O Pulse HR está construÃdo nunha caixa de aceiro inoxidable, cunha parte
superior de policarbonato e unha correa de silicona capaces de aguantar os
rigores do dÃa a dÃa e, como grande vantaxe fronte a moitos outros trebellos semellantes
temos unha baterÃa cunha autonomÃa de até 20 dÃas, de xeito que non hai que
estar pendente da súa recarga a diario.
Os rexistros de actividade e estado fÃsico do Pulse HR poden consultarse
mediante a aplicación móbil Health Mate (dispoñible para iOS e Android) que
tamén pode instar aos usuarios a superar obxectivos de actividade diaria,
animando a mantérmonos máis activos. No que ao rexistro de actividade, a
pulseira está preparada para diferenciar máis de 30 actividades distintas, para
poder rexistrar ben os movementos segundo esteamos a correr, nadar, indo en
bicicleta...
Esta pulseira cuantificadora ten unha pantalla OLED para amosar información, é
resistente á auga (até 50 metros de profundidade), pesa 45 gramos e chegará ao
mercado en 3-4 semanas a un prezo de 129,99 euros.
- A Pulse HR pode levarse comodamente mentres rexistra a nosa actividade fÃsica e o noso ritmo cardÃaco