Nova edición do programa Innova PEME

martes, 13 de agosto do 2019 Redacción

O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe publica a resolución da segunda edición do programa Innova PEME, pola que se adxudican as axudas para a mellora da capacidade innovadora das PEME galegas, co-financiadas a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.
Ao abeiro desta segunda convocatoria apoiarase a mellora dos plans de innovación de 37 PEME galegas, cunha axuda pública que supera os 2,75 millóns de euros e que permitirá unha mobilización total de máis de 5,5 millóns de euros. O obxectivo desta liña de axudas é desenvolver ou incrementar a capacidade innovadora daquelas empresas que xa teñen ou comezan a ter un desempeño innovador, pero que precisan apoio para sistematizalo, potencialo ou desenvolvelo e, deste xeito, lanzar novos produtos e servizos ou mellorar os seus procesos.
O 27% das empresas beneficiadas na anterior edición do programa Innova PEME correspondían ao sector TIC, e máis da metade das empresas non recibira nunha unha axuda da Axencia Galega de Innovación (GAIN).

PUBLICIDADE