Nova edición de SINFILTRO este martes

luns, 10 de abril do 2023 Redacción

O programa SINFILTRO organizado por Marcelo Castelo, celebrará mañá unha nova edición ás 16:30 contando como convidado a Tomás Carbonell, vicepresidente de IT da multinacional da moda e os perfumes Puig, a quen acompañará Luis Miguel Martín Montes, CIO de Selenta Group, buscando nesta cita amosar unha vez máis o lado máis humano da tecnoloxía.
O programa conta coa colaboración de varios colexios de Informática, así como da UDC, e poderase seguir en directo a través de YouTube, destacando o feito de que a transmisión non se conservará para a súa reprodución en diferido.

PUBLICIDADE