Nova edición de Galicia Exporta Dixital con 4,4 millóns de euros de orzamento
venres, 25 de febreiro do 2022
A
Xunta lanzou unha nova convocatoria do programa Galicia Exporta
Dixital, que abrirá o luns o prazo de presentación de
solicitudes na procura de facilitar e promover a internacionalización
do tecido produtivo galego. A nova edición conta cun orzamento de
4,4M€ co obxectivo de apoiar a expansión internacional de empresas
(especialmente pemes) e autónomos, a través de novas canles de
comercialización partindo de ferramentas dixitais innovadoras.
As
axudas son de concorrencia non competitiva e cobren ata un máximo do
80% dos gastos e investimentos necesarios para desenvolver e
implementar o plan de internacionalización dixital. Pódese
presentar unha única solicitude por empresa cun gasto subvencionábel
de entre 18.000 e 100.000 euros. No caso de empresas do sector da
produción agraria e da pesca, o gasto mÃnimo ao que dar cobertura
pode ser igual ou superior a 14.000€, cun máximo de 37.500€ no
caso de empresas do sector da pesca e de 25.000€ para as de
produción agraria.
Segundo
fai saber a Xunta, estes apoios permitirán aos beneficiarios
acometer actuacións de consultorÃa como diagnóstico de potencial
exportador dixital, plans de internacionalización dixital
multicanle, plans de mercados electrónicos concretos ou cubrir
gastos de asesorÃa xurÃdica e legal para a internacionalización
dixital. Tamén adquirir software relacionado con solucións
tecnolóxicas para crear, xestionar e conectar catálogos dixitais
internacionais, programación a medida, solucións de analÃtica ou
intelixencia automatizada asà como de mercadotecnia inbound
ou crear e adaptar tendas online.