Nova cámara somerxible de Samsung
luns, 25 de abril do 2011
A tempo para
o verán, Samsung presenta a nova cámara de peto W200, deseñada para captar
imaxes en condicións duras e baixo a auga valéndose do seu sensor CMOS de 5,5
MpÃxeles e dun corpo reforzado para soportar po, caÃdas e auga.
A Samsung
W200 pode gravar vÃdeo de alta calidade (1.920 x 1.080 pÃxeles a 30 imaxes
por segundo) en multitude de situacións, sendo capaz de operar na auga ata a 3
metros de profundidade, e cunha pantalla LCD capaz de librarse da condensación
mediante un recubrimento especial (librándonos da molestia de ter que limpar
constantemente a súa pantalla en ambientes húmidos). A súa lente tamén ten un
recubrimento que evita que se empane.
Entre as súas caracterÃsticas moitos usuarios agradecerán a posibilidade de pausar as gravacións, de xeito que cada
vez que premamos o botón de gravar non teremos un ficheiro de vÃdeo distinto, minimizando
o proceso de montaxe.
Conta cunha baterÃa de 1.300 mAh (que permitirÃa un uso da cámara de ata 2
horas), integra USB, ten saÃda HDMI, almacena os seus contidos en tarxetas
microSD/SDHC, mide 60 x 113 x 19,7 milÃmetros, pesa 130 gramos (con baterÃa) e sairá
en maio a un prezo de 159 euros.