Nova cámara Pentax cun zoom de 24x

venres, 13 de marzo do 2009 Marcus Fernández

A nova cámara Pentax X70, que toma fotografías a 12 Mpíxeles e conta cun megazoom híbrido de 24x, vén de abrir o seu proceso de reserva, polo que os usuarios en gastar 399,95 dólaraes (307,23€) neste trebello xa poden ir encargándoo.
A cámara incorpora unha pantalla LCD de 2,7 polgadas, tecnoloxía de redución de vibración, a posibilidade de disparar 11 fotografías por segundo e incluso gravar vídeo en alta definición a 720p a 15 fotogramas por segundo.
Esta cámara non só servirá para fotografar elementos afastados, senón que tamén inclúe un Super Macro que permite captar os máis pequenos detalles dos obxectos situados ata a 1 centímetro da súa lente.

PUBLICIDADE