Nova aplicación meteorolóxica galega para iPhone

martes, 18 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

JPEG - 148.6 KB
O Tempo para iOS permite consultar o tempo nas praias galegas

A consulta de información meteorolóxica de xeito áxil dende o móbil é unha demanda de moitos usuarios, de aí que existan aplicacións para satisfacela coma GaliTempo para o iPhone e iPod Touch, á que vén de saírlle un serio competidor: O Tempo para iOS de Filloa Dev.
Esta nova aplicación que pode descargarse de balde da App Store emprega maioritariamente datos de Meteogalicia e foi deseñada e desenvolvida por Filloa Dev, estudo composto polos enxeñeiros técnicos en Informática de Sistemas (actualmente rematando o segundo ciclo) Víctor Pena e Esteban Bouza.
O Tempo permite consultar a predición meteorolóxica para Galicia con só mover un dedo, podendo accederse tanto á predición xeral sobre o mapa como ao tempo por localidades (inicialmente amosa a máis próxima detectada por GPS das 17 localidades ofrecidas por Meteogalicia). Tamén é unha ferramenta moi práctica para o verán, pois permite comprobar o tempo nas praias que ofrece o servizo meteorolóxico galego (que tamén poden localizarse no mapa) así como a consulta de alertas.

PUBLICIDADE