Notion Ink prepara un tablet con nVIDIA Tegra e pantalla de Pixel Qi
luns, 21 de decembro do 2009
O CES de Las Vegas vai traer moitas novidades en xaneiro, e dá a impresión
de que estea no os dispositivos tipo Tablet van acadar certa relevancia,
especialmente se van na liña do smartpad que vai presentar alà Notion Ink,
consistente nun equipo de 16 x 25 x 1,5 centÃmetros, 771 gramos de peso, unha
pantalla táctil de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 pÃxeles e
capaz de operar nun modo reflectivo en branco e negro (con 64 niveis de gris),
a-GPS, compás dixital, Wi-Fi, GSM/EDGE/UMTS/HSDPA, Bluetooth 2.1, portos USB,
saÃda HDMI, toma para auriculares e micrófono, trackpad, cámara de 3 MpÃxeles
(capaz de gravar vÃdeo), unidade de almacenamento flash de 16 ou 32 Gb, lector
de tarxetas SD e capacidade para procesar vÃdeo H.264 a 1.080p.
Este impresionante equipo combinarÃa moitas bondades, pois grazas ao uso da
tecnoloxÃa nVIDIA Tegra T20 e unha pantalla fabricada por Pixel Qi, consegue
funcionar case tanto coma un equipo informático ordinario e mesmo coma un
lector de libros electrónicos, sen sacrificar autonomÃa, podendo operar ata 8
horas reproducindo vÃdeo en alta definición e 16 horas navegando na web a
través de Wi-Fi, polo que só quedará ver o seu prezo para cualificar
axeitadamente este dispositivo que no tocante a prestacións resulta sumamente
interesante.
- Especificacións do equipo que prepara Notion Ink