NotebookLM estrea aplicación para móbiles
luns, 19 de maio do 2025
A ferramenta de Google para escribir con axuda da IA, NotebookLM, está a converterse nunha peza case indispensable para a elaboración de informes e investigacións, grazas en boa medida ás facilidades que ten para entender os contidos en distintos formatos, e con funcionalidades tan revolucionarias como a posibilidade de crear resumos sonoros en galego.
AÃnda que NotebookLM é unha solución web, está moi orientada ao seu uso dende un escritorio informático, pero se queremos acceder aos seus contidos en mobilidade temos agora a súa aplicación nativa para Android e para iPhone e iPad.
Coa nova aplicación os cadernos de investigación que fagamos estarán sempre ao alcance das nosas mans, para poder consultalos, engadirlle novas fontes e incluso xerar os abraiantes resumos sonoros, que poderemos incluso escoitar en segundo plano coa pantalla do móbil apagada, como se dun podcast máis se tratase, o que pode ser de grande utilidade para repasar contidos en mobilidade.