Nokia presenta uns auriculares sen fÃos ideais para os móbiles Lumia
mércores, 3 de abril do 2013
Nos pasados dÃas Nokia presentou o seus novos auriculares Nokia Purity Pro
Wireless Stereo Heaset by Monster, que quere achegar unha reprodución
musical de calidade libre de cables, pensando principalmente en usuarios de
dispositivos como os móbiles da familia Lumia, de xeito que presentan unha gama
de cores acorde á mesma (negro, vermello, amarelo e branco) e incluso NFC para
poder sincronizar o smartphone cos auriculares con só tocarse.
Estes auriculares poden funcionar a través dun cable de auriculares estándar
(3,5 mm) ou a través de Bluetooth 3.0, teñen unha baterÃa interna que
permÃtelle aguantar ata 168 horas en espera e 24 horas en uso, inclúe
tecnoloxÃa de cancelación de ruÃdo para poder escoitar mellor a nosa música ou
as chamadas que recibamos no móbil e incluso poden encargarse para facilitar o
seu transporte. Miden 190 x 185 x 632 milÃmetros e pesan 284 gramos, sendo o
seu principal defecto o seu prezo, pois por
299 euros afástase do peto de moitos dos usuarios que estarÃan encantados
de poder gozar deste excelente accesorio, especialmente nun momento no que a
xente carece do pudor de vestir grandes auriculares pola rúa.
- Os novos auriculares sen fÃos de Nokia chegan en 4 cores distintas