Nokia presenta 2 novos móbiles pensados para a reprodución de música

martes, 22 de abril do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 69.1 KB
Os terminais Nokia 5320 e 5220 da familia XpressMusic

Nokia vén de presentar dous novos terminais da serie XpressMusic, que sairán á venda no terceiro trimestre do ano e pretenden atender ás demandas de consumo musical de boa parte dos usuarios de móbiles do fabricante finlandés.
O Nokia 5320 XpressMusic é un terminal 3G que permite tanto reproducir música como acceder á web, destacando por contar con Say and Play, unha tecnoloxía que aplica o recoñecemento de voz á reprodución multimedia (os usuarios poden dicir o nome dun cantante ou unha canción para escoitala). Os ficheiros poden gardarse na súa memoria interna de ata 8 Gb.
O navegador web incorpora permite acceder a Ovi e Nokia Search 4.1, o que fai doado atopar e compartir contidos (que se transmiten a grande velocidade grazas á conectividade HSDPA) e o terminal tamén está adaptado para a plataforma de xogos N-Gage. O prezo deste móbil será de 220 euros + IVE.
O Nokia 5220 XpressMusic, pola súa banda, é unha versión máis básica, que prescinde da conectividade HSDPA para poder ter un prezo de 160 euros + IVE.

PUBLICIDADE