Nokia podería presentar 2 novos Lumia nun par de semanas

xoves, 23 de agosto do 2012 Marcus Fernández

Para o vindeiro 5 de setembro agárdase unha conferencia de prensa de Microsoft e Nokia, na que é de agardar que presenten os seus novos móbiles con Windows Phone 8, que formarían parte da prometedora familia Lumia, e que polo momento coñécense polos nomes en clave Arrow e Phi.
Entre os rumores que circulan pola Rede asegúrase que o Phi é un terminal con procesador de dobre núcleo, corpo de policarbonato, pantalla AMOLED de 4,7 polgadas e lector de tarxetas de memoria microSD, que incluso tería versión con LTE nalgúns mercados, e que podería considerarse como o sucesor do Lumia 900, mentres que o seu irmán pequeno sería o Arrow, que tería unha pantalla de 4 ou 4,3 polgadas.
Tamén é posible que os novos móbiles da familia Lumia comecen a integrar a tecnoloxía fotográfica PureView, o que permitiría que Nokia despuntase na calidade das cámaras dos seus móbiles, o que podería ser un factor decisivo á hora de captar a atención dun mercado que a nivel internacional non fixo moito caso dos Lumia actuais.

PUBLICIDADE