Nokia Sony e Oracle súmanse ás baixas do Mobile World Congress
mércores, 10 de marzo do 2021
O Mobile World Congress de Barcelona volve tender dun fÃo, e
tras anunciarse o pasado luns o seu plan de seguridade para celebrar un evento
presencial a partir do 28 de xuño, fÃxose
pública a negativa de Ericsson a acudir á cita por motivos de seguridade, dando
a impresión de que Ãa repetirse o mesmo escenario do ano pasado, e todo indica
que será asÃ, pois Nokia,
Oracle e Sony tamén manifestaron que non acudirán ao MWC nesta edición, ou
sexa, que a listaxe de cancelacións promete medrar dÃa a dÃa até forzar á GSMA
a repetir os pasos do ano pasado e deixar a feira tecnolóxica para tempos mellores,
xa que xuntar a 50.000 persoas nun recinto feiral é unha ousadÃa nestes tempos,
e as medidas de seguridade e hixiene non semellan ser dabondo para mitigar o
risco ao que terÃan que someterse os asistentes que veñen de practicamente
todos os recantos do mundo.
Algúns fabricantes aseguran que están a analizar a situación sanitaria para
decidir se acudirán ou non ao evento, o que semella simplemente unha estratexia
para evitar penalizacións económicas, ou simplemente para beneficiarse de
indemnizacións no caso de que a cancelación sexa anunciada pola organización.
Cómpre salientar que os fabricantes de tecnoloxÃa móbil non contemplan o MWC na
súa axenda de cara á planificación de novidades e lanzamentos, polo que o
encontro quedarÃa simplemente como un evento para realizar networking en
persoa, que é xusto o máis arriscado en plena pandemia.