Nokia J, un auricular de mans libres elegante, compacto e cómodo

venres, 6 de maio do 2011 Marcus Fernández

Os dispositivos de mans libres Bluetooth tende a coidar detalles como a súa autonomía e o seu tamaño, pero o deseño tamén é un factor moi importante durante na elección de compra, o que tiveron en conta dende Nokia, que veñen de presentar o seu Nokia BH-806, rebautizado como Nokia J, e que vén a ser un dispositivo de uso moi intuitivo que activa a súa conectividade co teléfono con só sacalo da súa funda, ten un deseño ergonómico e entrégase con 6 adaptadores de auricular de distintos tamaños para facilitar o seu mellor agarre na orella (pois carece de anti-estéticos e incómodos ganchos).
O Nokia J mide 47,4 x 12,5 x 6,4 milímetros, pesa 8 gramos, ten unha batería de 115 mAh (o que permite 5 horas de autonomía en conversa e 3 meses en espera tras só 1 horas de carga completa, aínda que tras 15 minutos xa permite falar ata 2,5 horas), incorpora un DSP para a cancelación de ruído externo e conta con conectividade Bluetooth 2.1 con EDR, o que fai que sexa compatible cun amplo abano de móbiles.

JPEG - 26.8 KB
Para sincronizar o auricular co móbil chega con sacalo da súa funda

PUBLICIDADE