Nokia E63 con teclado tipo BlackBerry
mércores, 12 de novembro do 2008
Nokia amplía a súa
serie E, co Nokia
E63, un terminal que ten unha aparencia semellante á dos BlackBerry
(como xa fixera o E71) polo que sería un móbil atractivo para o uso
profesional, ou para usuarios domésticos que fagan un uso intensivo da entrada
de texto.
O novo terminal con teclado QWERTY se venderá libre por 199 euros, polo que
resulta bastante económico para o seu formato e a súa conectividade (incorpora
Wi-Fi). Estariamos así ante unha solución moi interesante para que queira facer
uso do correo electrónico no móbil ou consultar información da Internet.
O Nokia E63 se venderá en cor vermella rubí e azul ultramarino, contando tamén
con capacidades de vídeo (soportando reprodución e gravación) e incluso cunha
toma estándar para auriculares.