No outono Levi’s venderá unha cazadora con tecnoloxÃa de Google
luns, 13 de marzo do 2017
Normalmente cando falarmos de tecnoloxÃa wearable referÃmonos a reloxos
conectados ou pulseiras que fan un seguimento da nosa actividade fÃsica, pero
dende Levi’s quixeron ser máis literais e, coa axuda de Google, fabricar
auténtica tecnoloxÃa para vestir, e
asà levan uns anos traballando no proxecto
Jacquard, que está a desenvolver tecidos cos que poida interactuarse de
xeito táctil ao introducir nos mesmos fÃos condutivos nos que se mestura unha
delgada aliaxe metálica con fÃos sintéticos e naturais (algodón, poliéster ou
seda) para conseguir un tecido co que poidan traballar os teares industriais.
A estes novos materiais hai tamén que integrarlle elementos de electrónica
(luces LED, sistemas de Bluetooth, sensores táctiles...) do xeito máis discreto
posible, e logo facer funcionar todo xunto para dar pé a prendas de roupa
conectadas que poida ser de utilidade (para o que tamén hai que desenvolver software
e servizos na nube).
Nesta liña Levi’s entendeu que a roupa vaqueira poderÃa servir para aplicar con
fortuna estes avances, e está a preparar unha versión da súa cazadora
Commuter Trucker Jacket, deseñada coa
vista posta nos usuarios urbanos de bicicletas, que con esta nova prenda
conectada poderÃan ampliar a súa experiencia móbil e asà gozar de servizos como
a música ou os mapas, directamente dende a súa cazadora, solucionando asà a
dificultade de empregar o smartphone mentres se monta en bicicleta.
Até o momento esta tecnoloxÃa estaba en fase de concepto, pero agora Google e
Levi’s xa están a presentala aos medios, xa que a cazadora con tecnoloxÃa de
Google ten
previsto ver a luz este mesmo outono a un prezo de 350 dólares, o que supón
un prezo bastante superior á versión ordinaria da cazadora, pero será unha
interesante proba para un produto innovador que deixaranos ver as posibilidades
que abrirán os novos tecidos de cara a facilitarnos o emprego da tecnoloxÃa en
case calquera momento e lugar.
VÃdeo de presentación da cazadora de Levi’s coa tecnoloxÃa Jacquard de Google