Nioh recibe o seu derradeiro capítulo descargable

martes, 26 de setembro do 2017 Marcus Fernández

A primeiros de ano a PlayStation 4 marcouse un bo tanto coa estrea de Nioh, un xogo exclusivo que mestura rol e acción e que aproveitando o pulo de xogos como Dark Souls, convídanos a encarnar a un samurai que terá que loitar contra forzas escuras e malévolas en violentos combates corpo a corpo.
O xogo ofrece unha experiencia que podía ampliarse mediante contidos adicionais que mercar por separado (a un prezo de 9,99 cada un), concretamente 3 paquetes con novos capítulos de historia que inclúen tanto novos inimigos coma novas misións, que hoxe mesmo rematan a súa publicación, xa que por fin está dispoñible Nioh – El fin de la masacre, que sitúanos no Xapón meses despois do anterior DLC, cun país ao borde da guerra, co protagonista tendo que enfrontarse ás últimas forzas contrarias ao shogunato ao mando de Yodogimi, mentres esta se prepara para enfrontarse ao mesmísimo clan Tokugawa.
Neste derradeiro capítulo haberá novas misións que completar, poderanse usar novas armas e equipamento, dominaranse dous espíritos gardiáns (incluíndo o raposo de 9 colas) e incluso convídase aos samurais veteranos ao Abismo, campo de batalla eterno do inframundo do que só fuxirán os guerreiros máis poderosos.

Nesta derradeira historia viaxarase ao inframundo para superar novos retos

PUBLICIDADE