Nioh chegará a PC con todos os DLC
luns, 2 de outubro do 2017
A semana pasada completábase
a publicación dos capÃtulos descargables do xogo exclusivo para PS4 Nioh, de xeito que os novos
compradores podÃan optar xa por facerse co xogo por separado e mercar os 3
paquetes descargables dispoñibles a 9,99 cada un ou facerse cunha edición
de luxo que por 79,99 euros ofrece o xogo completo, algo que finalmente vai
deixar de estar limitado a posuidores da consola de Sony, xa que Koei Tecmo
vén de anunciar que o 7 de novembro o xogo chegará a PC con todos os seus
contidos descargables.
A versión
de Nioh que chegará a Steam será
asà a edición completa, de xeito que,
aparte do xogo de rol de acción protagonizado por un samurai na súa loita
contra as forzas do mal teremos tamén os capÃtulos de historia titulados El dragón del norte, Honor sublevado e El fin de la masacre; asà como un agasallo exclusivo para Steam que
consiste nun casco exclusivo que poderemos seleccionar entre as vantaxes
dispoñibles no santuario do xogo.
A versión para PC de Nioh permite levar asà este xogo a
unha plataforma que poderá amosar os seus gráficos cun algo nivel de detalle,
permitindo que o usuario decida se maximizar a resolución ou a velocidade de
fotogramas, aÃnda que cómpre salientar que precisa dun hardware bastante
esixente para funcionar, xa que como mÃnimo precisa un equipo cun procesador
Intel Core i5 3550, 6 GB de RAM, gráfica nVIDIA GeForce GTX 780 con 3 GB de
memoria e 100 GB de almacenamento libre, recomendándose contar cun procesador
Intel Core i7 4770K, 8 GB de RAM e unha gráfica nVIDIA GeForce 1060 con 6 GB de
memoria.