Nintendo presentou as novidades para Switch que chegarán nos vindeiros meses
xoves, 14 de setembro do 2023
A pasada tarde emitiuse
un Nintendo Direct no que queda claro que a Nintendo Switch aÃnda ten moito
que dicir no que probablemente sexa o remate da súa vida (xa que está previsto
que teña consola sucesora o ano que vén), pois tanto contará con expansións de
xogos actuais, tÃtulos de peso completamente novos e versións de xogos que
foran un éxito en consolas anteriores.
No que se refire a remakes sorprendeu o anuncio de Paper
Mario: La Puerta Milenaria, un grande tÃtulo que no seu dÃa saÃra para GameCube
e que en 2024 volverá con gráficos renovados, abrÃndose a un público moito máis
amplo do da súa consola orixinal; o clásico Mario
vs. Donkey Kong de Game Boy tamén é outro xogo que renace, estando
datado o seu lanzamento o vindeiro 16 de febreiro; o Super
Mario RPG de Super Nintendo chegará bastante máis cedo, o 17 de
novembro; o Luigi’s
Mansion 2 HD tamén será un tÃtulo moi agardado, xa que supón a
recuperación dun grande éxito para Nintendo 3DS, que no verán de 2024 ofrecerá
gráficos mellorados; Another
Code: Recollection xuntará as dúas entregas de Another Code, lanzadas
para Nintendo DS e Nintendo Wii respectivamente, incluÃndo melloras para que
poidan gozarse dignamente en Switch;aÃnda que probablemente entre as
recuperacións de clásicos sorprenda máis que vaian lanzar o 14 de febreiro de
2024 Tomb
Raider I-II-III Remastered, ou sexa, unha restauración das tres primeiras
aventuras de Lara Croft, que deron pé a unha franquÃa de grande éxito (aÃnda
que pouco presente en consolas de Nintendo).
Un anuncio retro bastante interesante foi que o xogo de carreiras F-ZERO,
clásico da Super Nintendo, pasaba agora a incorporarse ao catálogo se Nintendo
Switch Online como F-ZERO
99, coa posibilidade de competir contra 99 xogadores.
Tamén se deu conta do vindeiro pase de expansión de Splatoon 3, dos
novos contidos para Mario Kart 8 Deluxe, do regreso de Detective
Pikachu, e, como prato forte, desvelouse o xogo Princess
Peach: Showtime!, tÃtulo protagonizado pola Princesa Peach, dignificada
no filme de animación de Super Mario Bros., de xeito que conseguiu
relevancia dabondo para protagonizar un xogo no que non será a dama en apuros
nin terá nada que ver co seu amigo fontaneiro, senón que contará cunha historia
totalmente orixinal, na que a herdeira do Reino Champiñón visitará o Teatro
Esplendor e terá que enfrontarse á malvada Grape e á CompañÃa Malaúva para
salvar o espectáculo. Nesta aventura a princesa transformarase nunha mestra da
espada, nunha detective, nunha reposteira e nunha experta en Kung-Fu para
superar distintos desafÃos que engadirán moita variedade e diversión a este
xogo que verá a luz o 22 de marzo de 2024.
Nintendo Direct Ãntegro