Nintendo poderÃa estar a priorizar os envÃos de Wii Fit a Europa ante a fortaleza do euro
martes, 3 de xuño do 2008
Que o mercado de videoxogos
europeo superase ao norteamericano comeza a ter consecuencias, e os
analistas de Wedbush Morgan Securities aseguran que Nintendo
está a dar prioridade a Europa no envÃo de Wii
Fit, pois ás nosas terras chegaron 2 millóns de unidades,
mentres que a EE.UU. apenas chegaron 500.000, o que resulta bastante complicado
adquirir o xogo que fai uso da táboa de equilibrio da Wii (que na práctica
estarÃa esgotado no mercado norteamericano).
O Wii Fit chegou o 19 de maio a
EE.UU., e moitas tendas tiveron que rexeitar a pre-reserva de unidades porque
xa tiñan encargadas máis copias das que Ãan a recibir, e mentres dende Nintendo
se desculpan e din que están a traballar en solucionar o problema, os analistas
sosteñen que o fabricante nipón está a desviar as unidades a Europa ante a
fortaleza do euro.
Normalmente o mercado europeo é o último en recibir consolas e xogos, pero ao
resultar máis rendible vender en Europa, parece que se rematou tal
discriminación.