Nintendo pechou 2014 mellorando as súas vendas
venres, 16 de xaneiro do 2015- As figuras amiibo conseguiron converterse en todo un éxito de vendas
Nintendo
está a facer balance do ano 2014, e aÃnda que a compañÃa nipoa non parece estar
a pasar polos seus mellores tempos, ten motivos para a esperanza, xa que conseguiu mellorar máis
dun 29% das vendas de hardware e dun 75% as vendas de software con respecto a
2013.
A Nintendo 3DS conseguiu unhas boas vendas no mes de decembro, acompañada por
unhas impresionantes vendas de xogos da propia Nintendo, como Super Smash Bros. e Pokémon Omega Ruby e Pokémon
Alpha Sapphire, superando os 2 millóns de unidades o primeiro e os 2,6
millóns de copias combinadas os dous últimos (nas súas primeiras 6 semanas á
venda). Temos asà que a saúda da 3DS é moi boa, con 16 xogos que superaron as 250.000
unidades durante 2014, 8 xogos que pasaron das 500.000 e 3 que conseguiron
superar o millón.
A Wii U non ten tanta sorte, e aÃnda que os seus resultados foron bastante
modestos, os usuarios desta consolas parecen ter bastante claro que a adquiren
para facerse cos tÃtulos exclusivos desenvolvidos por Nintendo, de xeito que Mario Kart 8 e Super Smash Bros. conseguiron superar 1,7 e 1,3 millóns de unidades
vendidas en 2014, aÃnda que hai un detalle que fai moi interesante o negocio ao
redor da Wii U, como é o feito de que as figuras interactivas amiibo, que se
puxeron á venda a finais de ano foron un éxito moi claro, chegando case a
dobrar as vendas de Super Smash Bros.
para Wii U, ou sexa, que os usuarios que compraron o xogo non se conformaron
con facerse cunha soa figura. Amais, as novas New Nintendo 3DS e New Nintendo
3DS XL tamén integrarán NFC para poder funcionar con estas figuras, o que vai
incrementar considerablemente o seu uso, e poden converterse nunha división moi
atractiva, xa que estes pequenos produtos véndense a un prezo individual duns
12,95 euros, de xeito que os beneficios que achegan son bastante elevados.
Curiosamente Nintendo deixou de producir as figuras menos populares, creando o
efecto perverso de que son case imposibles de atopar en tendas tradicionais e
nas tendas en liña teñen prezos moi superiores ao recomendado (dando a
impresión de que os amiibo poden chegar a converterse en auténticos obxectos de
colección).