Nintendo denuncia que Palworld infrinxe varias das súas patentes
venres, 20 de setembro do 2024
O xogo Palworld, que a primeiros de ano converteuse en todo un fenómeno de masas xuntando a millóns de xogadores que querÃan programa un tÃtulo descaradamente inspirado en Pokémon, pero cunhas mecánicas de xogo moi diferentes.
Pero esta situación non fixo ningunha graza a Nintendo, que levaba un tempo analizando como loitar legalmente contra Pocketpair, Inc., creadores de Palworld, compañÃa á que veñen de denunciar formalmente, non por plaxio, senón por unha infracción de patentes.
Unha das patentes incluÃdas na demanda aseguran que é a relativa ao método de captura de criaturas Pokémon, aprobada recentemente, e que probablemente permitirÃa o seu uso por parte de Nintendo para protexer a súa propiedade intelectual.
Dende Pocketpair responden que aÃnda non coñecen do detalles das patentes que din ter infrinxido, pero que senten que agora teñan que destinar recursos a protexerse desta demanda en vez de facelo no desenvolvemento de videoxogos divertidos, que é o seu obxectivo como pequeno estudio de videoxogos independente.
Resulta bastante sorprendente que Nintendo optase por esta vÃa para defenderse da ameaza de Palworld cando existÃan bastantes probas que indicaban unha mala praxe por parte de Pocketpair á hora de realizar os modelos tridimensionais das súas criaturas, xa que en moitos casos podÃa comprobarse que eran pequenas modificacións de modelos extraÃdos de xogos de Pokémon.