News Showcase chega a España
venres, 23 de setembro do 2022
Google News regresou a España o pasado 22 de xuño, e agora o
servizo de novas de Google estrea o apartado News Showcase, un programa de
contidos en liña baixo licenza especialmente seleccionados polos medios, no
que actualmente participan en España 60 medios que en conxunto representan a
máis de 140 publicacións de distinto ámbito, como poden ser Atresmedia, El
PaÃs, Europa Press, La Voz de Galicia ou o Faro de Vigo.
News Showcase visualÃzase mediante paneis nos que os medios poden elixir as
novas que consideran máis importantes, de xeito que teñen un maior control
sobre a súa presentación e da súa imaxe de marca, converténdose nunha canle de
distribución máis dos seus contidos. Están visibles nas versións web e móbiles
de Google News, e tamén no apartado de Discover das aplicacións móbiles de
Google. Estes paneis remiten aos lectores aos artigos completos nos seus
respectivos sitios web.
- Os medios teñen o control sobre como se presentan as súas novas en News Showcase