New Súper Juegos volve este venres aos quioscos
martes, 19 de decembro do 2017
As
publicacións impresas sobre videoxogos levan experimentando una anos moi movidos, con numerosos peches e
reformulacións por mor dos cambios de hábitos dos lectores, cada vez menos
afeitos ao consumo de publicacións en papel, o que non impide que continúen os
proxectos editoriais como a revista New Súper Juegos, que tras a súa
cancelación a finais de outubro do ano pasado, volverá o
vindeiro venres os quioscos cun número dedicado aos mellores xogos do ano,
un adianto do que chegará en 2018 e outros temas de actualidade.
Realmente non é o primeiro retorno da revista dende a súa cancelación, senón
que nos últimos meses xa fixo algúns intentos (o último número publicado veu a
luz o pasado 15 de maio) e confÃase que desta volta sexa a volta á regularidade
dunha revista fundada no ano 1992 baixo o nome Los SuperJuegos del mes e que foi mudando de nome, a SuperJuegos e SuperJuegos Xtreme, sendo esta última marca coa que dixo adeus en
2009 para volver en 2015 como New
Súper Juegos, que é a cabeceira que está a procurar o seu retorno, e que en
todo este tempo só conseguiu publicar 3 números.