Netun lanza unha versión mellorada da súa luz V-16
xoves, 26 de xuño do 2025
A galega Netun Solutions, pioneira no desenvolvemento de balizas luminosas para emerxencias viarias, vén de lanzar a nova luz V-16 Help Flash IoT+, unha evolución do modelo actual que será obrigatoria en España a partir do 1 de xaneiro de 2026.
Esta nova versión incorpora importantes melloras: é un 186 % máis potente ca as anteriores, grazas ao incremento da súa luminosidade ata máis de 200 candelas. AsÃ, supera con fartura os requisitos mÃnimos establecidos pola DGT, garantindo unha visibilidade óptima tanto de dÃa como de noite.
Ademais da súa maior intensidade, a nova baliza incorpora o sistema Eye Protect, que atenúa o destello inicial para evitar molestias visuais ao usuario durante a súa colocación no vehÃculo. Trátase da única baliza do mercado con esta función especÃfica para garantir a seguridade do condutor, especialmente en condicións nocturnas.
Outra das melloras introducidas atende unha das crÃticas máis frecuentes dos usuarios: a dificultade de fixar a baliza en superficies non metálicas. A Help Flash IoT+ resolve esta limitación mediante unha base de gomas antiescorregadizas, que permite a súa colocación sobre cristal, fibra ou plástico, mesmo en condicións meteorolóxicas adversas.
A luz V-16 de Netun tamén destaca pola súa conectividade: ao activarse, envÃa automaticamente a súa localización ao centro de control da DGT, compartindo en tempo real a información con outras plataformas de tráfico e aplicacións móbiles. AsÃ, contribúe a unha xestión máis eficaz dos incidentes viarios e mellora a seguridade de todos os usuarios da estrada. A baliza v16 xeolocalizada Help Flash IoT+ inclúe un plan de datos ata xaneiro de 2038, incluÃdo no prezo do dispositivo.
Desde a súa creación en 2016 en Vigo, Netun Solutions comercializou máis de 2 millóns de unidades da súa baliza Help Flash. Co lanzamento da IoT+, a empresa consolida a súa posición como referente europeo en sinalización de emerxencia viaria, cunha aposta decidida pola innovación e a seguridade viaria.
